O PPdeG considera a Santos "inhabilitada" para a vida política

Tellado lamenta que, tras non admitir que se equivocou co tuit no que responsabilizaba aos "señores do PP" da violencia machista, "o empeorase" nunha entrevista na Radio Galega
La secretaria general de Podemos Galicia, Carmen Santos, durante una reunión
photo_camera La secretaria general de Podemos Galicia, Carmen Santos, durante una reunión

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, sinalou este que o seu partido ve á líder de Podemos en Galicia, Carmen Santos, "inhabilitada para a vida política" por mor da súa actitude tras un tuit no que tachaba a "señores do PP" de responsables da violencia machista, na súa argumentación posterior, polos recortes.

Tellado subliñou nunha conferencia de prensa celebrada en Santiago que na vida, como na política, hai uns "límites" que non deberían excederse sen consecuencias e, se nun principio este grupo optou por crer na boa vontade de Santos e entender que na súa mensaxe houbo algún "erro ortográfico", a falta dunha coma, pois tal feito non o asumiu e nunha entrevista concedida á Radio Galega empeorou, ao seu entender, o ocorrido.

Cunha actitude por parte de Santos, proseguiu Tellado, "de xeito evidente inadmisible", dado que "se enterrou nunha lameira", "ratificou novamente a súa infamia" e, profundou, atacou ao medio de comunicación e ao xornalista que conduce o espazo no que se contou coa presenza da secretaria xeral de Podemos en Galicia.

"Sectarismo", "difamación", "inxuria", enumerou Miguel Tellado, e manifestou que Carmen Santos "non ten peso dentro de Podemos", á parte de incidir en que "falta ao respecto" aos profesionais da comunicación, cando hai obrigación de "respectar e responder" a preguntas que "non sempre nos agradan".

O dirixente popular afirmou que a forza á que el representa non está disposta a "tolerar semellantes actitudes", porque "non vale todo", por iso é polo que pase a ser vista, por eles, como unha interlocutora "non válida" e "indigna para o exercicio da política en Galicia". "Que a substitúan", deixou caer, e vaticinou que é algo que incluso podería pasar polo "mal exemplo" que supón e porque ningún dos seus saíu "na súa defensa", ninguén, "salvo un do BNG de forma illada".

Tellado remarcou que para o PPdeG "as mareas de Podemos" no Parlamento galego están conformadas por "trece" deputados, e non polos catorce reais, e avanzou que "non será posible" alcanzar acordo algún naqueles debates nos que Carmen Santos participe. "Pódese falar de ideas e obviar a unha persoa", da que se pide a súa dimisión, puntualizou, e engadiu que non se pode xogar con "determinadas cuestións", nin coa independencia e imparcialidade dos xornalistas, nin coa política, que "non é un espazo para a infamia". E "xogar coa violencia de xénero para gañar un puñado de votos" é lamentable, "tamén o pensa a metade de Podemos en Galicia", concluíu Tellado, para apuntar que "un pode equivocarse, pedir desculpas, e non pasa nada", pero non chegar a estes extremos.

O comentario de Carmen Santos en redes sociais foi: "Hoxe todas na loita feminista. Reivindicamos que non nos maten señores do PP de Galicia. Politizades con pasividade".

Comentarios