O PP logra a alcaldía de Noia ao prosperar unha moción de censura

Santiago Freire releva ao socialista Miguel Paz grazas ao apoio de dous concelleiros de Noienses Independentes Agrupados

O popular Santiago Freire foi este mércores elixido novo alcalde de Noia,  A Coruña, ao prosperar a moción de censura promovida polo seu partido e dous concelleiros de Noieses Independentes Agrupados (NON.I.A.).

Freire releva así á fronte da alcaldía ao socialista Miguel Paz, que gobernaba en minoría, con 4 dos 17 concelleiros da corporación local e o apoio dos dous concelleiros de NO.I.A., que formaron parte do seu Executivo, abandonárono e agora votaron a moción de censura na súa contra xunto cos oito concelleiros do PP.

A moción de censura abordouse no pavillón municipal e non na Casa Consistorial, por cuestións de aforamento, xa que ao seu debate asistiron algo máis de medio milleiro de persoas.

Á chegada dos concelleiros ao centro do pavillón, onde estaban situados, os distintos partidarios do goberno saínte e do novo alcalde, situados nas bancadas, intercambiaron berros e aplausos.

Freire asegurou que será unha tarefa "complexa" nesta "nova etapa", na que se comprometeu a superar as dificultades, e ofreceu "compromiso, compromiso e compromiso" e "traballar, traballar e traballar", entre os aplausos da xente que quedaba no recinto.

O novo alcalde xustificou a moción de censura alegando "situación de inestabilidade" no equipo de goberno, segundo o escrito lido, e defendeu que Noia se merece un goberno estable e de consenso".

O anterior alcalde, Miguel Paz, cargou contra a concelleira de NO.I.A. Marisol Villar e contra o novo alcalde por ser "incapaz de enfrontarse ao seu partido para defender os intereses do seu pobo".

Aludiu deste xeito á votación negativa do PP na localidade para oporse á lei de acuicultura promovida pola Xunta e advertiu de que "de levarse a cabo será a ruína da xente do mar, da hostalería, da industria e do comercio" da localidade.

"Que tristeza que os deputados do PP de Noia  non tivesen agallas para votar contra a retirada da lei!", concluíu.

Comentarios