O PP augura ''unha espiral de rupturas'' dos bipartitos locais

O PPDEG asegura que se producirá ''unha espiral de rupturas'' no seo do os gobernos municipais conformados por PSOE e BNG, que durará, segundo augura, ata as próximas eleccións municipais, que se celebrarán o próximo ano.

Nun comunicado, os populares afirman que ''ante o recente vórtice'' de disolución destes bipartitos, dos que o concello lucense de Portomarín ''é o último exemplo da crise'', cabe esperar que o ''fenómeno'' continúe ata que se celebren os comicios locais.

A xuízo do PPDEG, o pasado 1 de marzo ''marcou un punto de partida'' na ''crise'' dos bipartitos municipais, con rupturas nos concellos de Noia, Vilariño de Conso, Gondomar e Fene, e simulacros noutros como Portomarín. Ante esta situación,os populares consideran que o pacto asinado por Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana durante a pasada lexislatura para crear gobernos de coalición quedou ''dinamitado'', xa que ''demostrou ser antinatural, ineficaz e inútil''. ''Foi un artificio do bipartito autonómico para crear un marco favorable para o, unha chapuza que non respondía á situación de cada concello'', apostila o PP.

Comentarios