O PP aproba construír un parador no mosteiro de Celanova

O PPdeG aprobou en solitario a construción dun parador turístico no mosteiro de Celanova.  Desta forma, o instituto público que desde fai dácadas instálase nesta edificación trasladarase a un quilómetro do centro do municipio.

Esta foi a razóan do voto en contra de socialistas e nacionalistas, quen defenden a continuación do centro de ensino no mosteiro e que se busque outra localización para o compejo turístico que o PP planea para a zona.

O defensor da proposta non de lei aprobada no Parlamento de Galicia foi o dipuitado do PPdeG Rosendo Luís Fernández, quen sinalou que a construción do Parador forma parte dun plan de 'dinamización' para a comarca de Celanova. Expuxo o futuro establecemento hostaleiro como un punto de ''atracción'' para outros negocios.

Con todo, a controversia sobre esta actiuación está aberta. O traslado do instituto nos arredores do municipio creou un amplo debate en Celanova nas últimas semanas. Socialistas e nacionalistas reprochan ao PP esta decisión. Hai unhas semanas o Grupo Parlamentario Popular rexeitara a apertura dun espazo de diálogo social sobre o traslado do instituto.

Este venres no Parlamento a parlamentaria do PSdeG Carmen Acuña, afirmou que non era necesario o traslado dun centro escolar que ''funciona de forma modélica''. Tamén dubidou da ''demanda hostaleira'' de Celanova, polo que opinou que ''non sería prudente'' desaloxar o centro.

Pola súa banda, o deputado do BNG Alfredo Suárez Canal criticou a ''mercantilización'' dun recinto que é de utilidade pública. Tamén destacou que a Xunta non ten ''un compromiso real'' coa apertura do hostaleiro, posto que ''non realizou ningunha xestión'' co Goberno central, de quen depende Paradores, e porque o seu orzamento para 2010 ten unha partida ''exigua'' para a comarca celanovesa.

Comentarios