O prazo para solicitar as bolsas Leonardo da Vinci ábrese mañá

O luns ábrese o prazo para solicitar algunha das 50 bolsas do programa Leonardo da Vinci para realizar prácticas en Europa. O período de inscrición para participar no proceso selectivo continuará aberto ata o próximo 14 de outubro e vai dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos.

Este programa forma parte o proxecto autonómico MoGal (Mobilidade Galega) e ten catro convocatorias, que permitirá que 186 mozas realicen prácticas laborais en empresa de cinco países europeos, como Italia, Francia, Irlanda, Holanda e República Checa.

As estancias formativas duran 12 semanas (estas entre xaneiro e marzo de 2012) e as 50 bolsas repártense entre Holanda (4), Irlanda (12), Francia (21), Italia (6) e República Checa (7). As bolsas van dirixidas a persoas que realicen estudos universitarios ou de FP dos sectores do moble, madeira, restauración, turismo, imaxe, informática, deseño, electricidade ou mecánica.

As axudas cobren os gastos de aloxamento, curso de preparación lingüística, seguro de responsabilidade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.

Comentarios