O plan forestal de Galicia estará listo en xuño

O presidente da Xunta asegura que a Axencia da Industria Forestal funcionará antes de que conclúa o verán

O plan forestal de Galicia estará listo a principios de xuño e a Axencia da Industria Forestal de Galicia antes de que conclúa o verán.

Así o deu a coñecer este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante o acto conmemorativo do 40° aniversario da Asociación de Empresarios de Primeira Transformación da Madeira de Lugo. Feijóo dixo que estas dúas ferramentas buscan compaxinar o respecto ambiental co aproveitamento económico do monte co fin de que estea siga sendo un sector punteiro.

A metade das curtas que se fan en España son en Galicia.

Comentarios