O paramés que matou o veciño que irrompeu na súa casa enfróntase a 3,5 anos de cárcere

Benjamín S.F, o veciño do Páramo que matou a tiros de escopeta a un conveciño seu que irrompeu na súa casa e ameazouno, cando estaba ao coidado dos seus dous netos menores, enfróntase a unha pena de tres anos e medio de cárcere no xuízo que comezará mañá na Audiencia Provincial de Lugo.

O avogado que se ocupa da defensa do acusado confirmou a Efe que o fiscal solicita tres anos e medio de cárcere polo delito de homicidio, porque recoñece a atenuante de lexítima "defensa incompleta", así como o pago dunha indemnización de 60.000 euros para as tías da vítima.

Pola outra banda, a defensa de Benjamín S.F pide para o acusado a "libre absolución" dos cargos que se lle imputan, argumentando a "lexítima defensa" e que actuou levado por un "medo insuperable" ante a irrupción da vítima na súa casa e as ameazas que proferiu.

Os feitos sucederon o 24 de xaneiro de 2009, no lugar de Armada, que pertence á parroquia de San Martiño de Torre, no municipio do Páramo.

Comentarios