O oso de Bertamiráns déixase ver de novo

Xa son oito os avistamentos do animal que se contabilizan nos últimos días

O xa coñecido como 'oso de Bertamiráns' volveu deixarse ver de novo desde que o venres pasado a súa 'aparición' na zona saltase aos medios de comunicación grazas á filmación de José Turrado. Ao parecer, desde entón xa son oito os avistamentos do animal que se rexistraron na zona.

Turrado regresaba á casa en coche o xoves pasado cando ao pasar a urbanización Aldea Nova, en dirección a Bertamiráns, viu "un animal grande" na zona da rotonda na que se colle o desvío cara a Noia. De lonxe, non o podía crer. Deu a volta e atopou o animal "empolicado ao muro dunha casa". Foi entón cando non tivo dúbida de que o que o observaba, " quedo e pode que algo asustado", era, efectivamente, un oso.

Comentarios