O xulgado de Ferrol dá orde de buscar o mozo desaparecido o pasado día 12

O xulgado do Penal número 2 de Ferrol ditou unha orde de procura e detención contra Diego Rubianes Pita, o mozo aresano de 22 anos que fuxiu mentres cumpría condena, o pasado 12 de novembro, informou hoxe o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O mozo, con graves problemas psíquicos desde moi neno, fuxiu o pasado 5 de novembro durante un traslado desde o Hospital Naval a un centro terapéutico de Asfedro en Doniños (Ferrol) para tratar a súa adicción ás drogas.

No momento da súa fuga, cumpría condena -desde o 30 de agosto de 2012- por un delito de lesións leves no ámbito doméstico e, a día de hoxe, seguía en paradoiro descoñecido, indicaron as mesmas fontes tras consultar coa Garda Civil de Mugardos.

O xulgado ferrolá precisa que deu orde "de procura, detención e personación" ao día seguinte de recibir o informe do Ministero Fiscal. Fora condenado a 9 meses -como máximo- de internamento nun centro psiquiátrico para a súa estabilización.

O mozo non podía achegarse aos seus pais a menos de 100 metros durante un período de 9 meses polas repetidas agresións que estes, segundo as mesmas fontes.

Comentarios