O incendio forestal de Cotobade xa está extinguido

A Consellería do Medio Rural informou hoxe da extinción do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, na parroquia de Viascón. O lume iniciouse ás 15:55 horas da tarde do xoves e quedou extinguido ás 01:54 horas desta última madrugada.

Segundo unha primeira valoración provisional, a superficie afectada é de 170 hectáreas, das cales 68 son de arboledo e 102 de monte raso.

Na extinción, segundo comunicación da propia Consellería, traballaron 2 técnicos, 10 axentes forestais, 21 brigadas, 7 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 9 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Urxencias.

Durante a extinción rexistrouse un accidente, envorcou unha pa ao caer por un desnivel cando realizaba labores de roza para abrir unha devasa.

Non houbo que lamentar danos persoais, pero a máquina quedou inoperativa polo que foi substituída, incorporáronse dúas pas máis aos efectivos de extinción.

Comentarios