O filicidio de Moraña xulgarase entre os días 4 e 6 de xullo en Pontevedra

A Fiscalía pide para David Oubel prisión permanente revisable, unha condena pioneira a nivel nacional
El encausado, accediendo al edificio judicial de Caldas de Reis
photo_camera El encausado, accediendo al edificio judicial de Caldas de Reis

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o xuízo contra David Oubel, o individuo acusado de matar ás súas fillas en Moraña, os días 4, 5 e 6 de xullo.

Así o confirmou este xoves o TSXG, que engadiu que o plenario se celebrará baixo a fórmula de Xurado Popular. O fiscal pide para o procesado unha pena de prisión permanente revisable, unha condena que sería pioneira a nivel nacional.

O dobre asasinato que conmocionou ao país enteiro produciuse o 31 de xullo nunha casa da parroquia morañesa de San Martiño de Laxe. O presunto autor dos feitos, natural de Avilés (Asturias), informou a súa exmuller (da que levaba varios anos separado), de que matara ás súas dúas fillas, Amaia, de catro anos, e Candea, de nove, e anuncioulle que tiña previsto suicidarse.

comentarios