O exalcalde de Ares, condenado a 5 anos de inhabilitación ao manipular o censo

O exalcalde do municipio coruñés de Ares, Manuel Cendán, do PP, foi condenado a 5 anos de inhabilitación para cargo púbico por un delicto electoral ao considerarse probado que manipulou o censo local en 2003 pouco antes das eleccións municipais que lle deron a vitoria ao o seu partido por unha estreita marxe de votos.

A sentenza, que tivo acceso Efe, estima que o ex rexedor é "autor penalmente responsable" dun delicto electoral por incumprimento "das normas legalmente establecidas para a formación do censo".

Fixa para Cendán, actual líder e portavoz do PP en Ares, unha condena de cinco anos de inhabilitación especial para o sufraxio pasivo, unha multa de 1.200 euros e as costas do xuízo.

A maxistrada María Jesús Garcí, titular do xulgado do penal número de Ferrol, tamén condena a Montserrat Rodríguez, exsecretaria do alcalde e a súa compañeira sentimental en 2003, polo mesmo delicto como "autora penalmente responsable".

A pena que lle impón é dun ano de inhabilitación e unha multa de 688 euros.

O xuízo celebrouse o pasado mes de decembro e pola sala desfilaron máis dunha trintena de testemuñas.

A Fiscalía e a acusación particular que exercían BNG e PSOE en Ares acusaron o ex rexedor de empadroar de forma irregular na localidade coruñesa a 73 persoas poucos meses antes dos comicios locais de maio de 2003.

Destas 73 persoas, 31 foron censadas na casa do rexedor, 12 na da súa ex parella, e tamén en vivendas en ruínas, inexistentes ou un garaxe propiedade do empresario, Antonio Castro, xa falecido e número 10 na lista popular naqueles comicios.

O grupo municipal do BNG en Ares presentou a primeira denuncia en 2003 e o INE abriu unha investigación.

Comentarios