jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

O ex alcalde dos Blancos ingresa en prisión tras 3 anos de recursos

O alcalde do municipio ourensán dos Blancos entre os anos 1991 e 1999, José Antonio Rodríguez Ferreiro, este martes na prisión provincial de Pereiro de Aguiar, para cumprir a condena de cinco anos e tres meses, por falsificación de documento oficial e malversación de fondos públicos.

Rodríguez Ferreiro, que foi condenado pola Audiencia Provincial, logo de tres anos de recursos, que chegaron dúas veces ata o Tribunal Supremo, non puido elidir o seu ingreso en prisión, á que chegou acompañado pola súa esposa e polo concelleiro de Xinzo Antonio Pérez Rodríguez.

O ex-rexedor dos Blancos foi denunciado no ano 2000 no xulgado de Xinzo de Limia acusado de falsificar documentos oficiais e de malversar fondos públicos, xa que quedou con 200.000 euros dos fondos do Concello que xustificou con facturas falsas por obras e ferramentas.

Os seus recursos chegaron en dúas ocasións ao Tribunal Supremo e nunha delas declarouse nula a sentenza de xullo de 2006 da Audiencia Provincial, por defectos de forma. A súa entrada en prisión prodúcese mentres se espera a resolución da súa apelación ao Tribunal Constitucional.

O ex alcalde dos Blancos ingresa en prisión tras 3 anos de recursos
Comentarios