O BNG solicita a retirada dun manual da Uned que desaconsella o uso de tóponimos galegos

O BNG rexistrou unha iniciativa no Congreso dos Deputados na que solicita a retirada dun manual no que a Universidade de Educación a Distancia (UNED) recomenda non usar a toponimia galega oficial, un asunto polo que ademais pediu explicacións ao Ministerio.

Así o indicou a deputada nacionalista Rosana Pérez nun comunicado, no que precisa que dito manual aconsella utilizar "Carballino, Ourense, Arteijo, Porto do Son, Pontes de García Rodríguez, Bayona, Poyo, Villanueva de Arousa, A Coruña, Puentedeume, Poboa do Caramiñal ou Villalba", en lugar dos seus topónimos oficiais.

Trátase de formas "toponímicas de Galicia desvirtuadas", insiste a parlamentaria achega do contido do manual virtual "A norma no nivel léxico semántico" que cualificou de absolutamente "censurable porque propugna a vulneración das leis e normas en materia lingüística".

Por iso, pediu ao Goberno que adopte medidas para retirar este manual.

Comentarios