O BNG ''pelexará'' para que se desenvolva na súa integridade o Estatuto

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou unha interpelación ao ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, sobre as transferencias pendentes a Galicia, e insiste en que a súa formación "vai pelexar" para que o vixente Estatuto se desenvolva na súa integridade.

En nota de prensa, Bouza sinala que Galicia aínda non chegou ás cotas de Goberno que legalmente lle corresponderían se se desenvolvese na súa plenitude o Estatuto de autonomía.

O senador critica o PP e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo pola "súa pasividade" á hora de impulsar un novo texto estatutario para Galicia. Por iso, o BNG "vai pelexar" para que o actual Estatuto se desenvolva na súa integridade, e tamén pola vía de aplicación do artigo 150.2 da Constitución.

"O PP non ten interese en aumentar as competencias de Galicia porque está moi cómodo botándolle a culpa de todo ao Goberno central", apunta Pérez Bouza.

Comentarios