O Concello repartirá cartóns para a compra de alimentos e produtos básicos de hixiene

O Concello de Vigo anunciou hoxe que repartirá cartóns moedeiro entre persoas sen recursos para que adquiran en establecementos comerciais da cidade alimentos básicos e produtos de hixiene de primeira necesidade.

A filosofía de cambiar a entrega en man das actuais axudas de urxencia social polos chamados cartóns da solidariedade é salvagardar a confidencialidade e "a dignidade" dos usuarios, explicou nunha conferencia de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

O rexedor detallou que estes cartóns, que en España só funcionaban de momento en Barcelona, non aceptarán o pago de produtos que non sexan considerados de primeira necesidade, e que en función dos membros da familia dos beneficiarios, o seu saldo oscilará entre 150 e 500 euros.

Recordou que a asignación das axudas de urxencia social no orzamento de 2013 é de 450.000 euros, e que no proxecto de 2014, se o PSOE pecha o pacto que negocia co PP, ascendería a 1,2 millóns de euros ao engadir os 700.000 euros previstos para o cheque de alimentos.

O alcalde calculou en ao redor dun milleiro de persoas as que poderán utilizar estes cartóns moedeiro.

Comentarios