lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Ponte Caldelas propón unha fusión con Cotobade en lugar da de Cerdedo

El socialista Andrés Díaz
El socialista Andrés Díaz
O socialista Andrés Díaz di que sería unha "fusión natural" e suxire que se o rexedor cotobadés se opón demostraría que o seu interese na fusión con Cerdedo se limita a un intento de "redefinir o mapa electoral"

O alcalde de Ponte Caldelas, o socialista Andrés Díaz, propón ao seu homólogo en Cotobade, Jorge Cubela (PP), solicitar conxuntamente á Deputación de Pontevedra un estudo sobre a posible fusión entre estes dous municipios.

Trataríase, argumenta Díaz nun comunicado, da que "moitos" consideran "a fusión natural" entre dous municipios do contorno.

En caso de rexeitala, opina que Cubela demostraría que o seu interese na fusión con Cerdedo se limita a un intento de "redefinir o mapa electoral" do PP ante "a perspectiva máis que probable" de xubilación da política activa do alcalde daquel municipio, Xosé Balseiros.

O rexedor de Ponte Caldelas recalca que debe ser a Deputación, como institución competente para emitir un informe previo vinculante previsto na lexislación galega, a que debe elaborar ese estudo en colaboración cos dous municipios.

Critica que para o proxecto de fusión de Cotobade e Cerdedo se pedise "tarde e mal" un informe a "un ex profesor e amigo persoal" de Cubela, para tratar de "vestir" un expediente que "carece do máis elemental rigor administrativo" e que foi tramitado "como secreto de estado".

Considera "ridículo" o argumento de que, coa fusión, ambas as dúas localidades van recibir máis de 300.000 euros adicionais, e contrapono cunha eventual fusión entre Cotobade e Ponte Caldelas, ambos os dous do mesmo partido xudicial, o que daría pé a "un municipio de primeira división e con máis de 10.000 habitantes".

Éste é o limiar de poboación a partir do cal a prestación de servizos experimenta "un abaratamento substancial"; o contrario é "acumular territorio" para "seguir sendo un concello de segunda", argumenta.

A proposta do alcalde de Ponte Caldelas é que o proceso de fusión con Cotobade siga un calendario "calendario claro e transparente, con información puntual" aos veciños, e que concluiría no próximo mandato para que os habitantes teñan a posibilidade de "referendalo democraticamente nas urnas".

Ponte Caldelas propón unha fusión con Cotobade en lugar da de Cerdedo
comentarios