O Eixo Atlántico propón acoller pacientes covid en navíos de España e Portugal

Pide que un navio hospitalizada atracada en Viana do Castelo ou no porto de Vigo
Xoán Vázquez Mao. ARQUIVO
photo_camera Xoán Vázquez Mao. ARQUIVO
O Eixo Atlántico, asociación transfronteiriza que reúne a 39 municipios e deputacións de Galicia e o Norte de Portugal, expón a opción de derivar a pacientes con covid-19 a navíos militares de ambos os países ante a crecente presión asistencial desta terceira onda da pandemia.

O Goberno portugués sopesa pedir axuda internacional e enviar pacientes covid a hospitais doutros países ante a saturación que sofren os seus propios centros, segundo avanzou a ministra de Sanidade, Marta Temido.

Ante esta tesitura, que se suma á marca de contagios, incidencia acumulada e hospitalizados que está a bater, xornada tras xornada, Galicia, Eixo Atlántico lanza unha proposta que xa se barallou na primeira onda, segundo recorda a Efe o seu secretario xeral, Xoan Vázquez Mao.

Remítese ao ofrecemento da Ministra de defensa Española, Margarita Carballos a finais de marzo, da disposición de cinco buques hospitalizados para acoller a pacientes covid.

Vázquez Mao pide agora que a Armada de España e a Mariña de Portugal conxuntamente envíen o máis axiña posible un navío hospitalizado aos portos de Vigo ou de Viana de Castelo para aliviar a presión asistencial a ambos os dous lados da fronteira.

Ademais de medios técnicos, sostén que as forzas armadas de ambos os países contan con persoal sanitario formado e con experiencia en misións humanitarias en países que sufriron pandemias, polo que a súa axuda podería ser relevante neste escenario de pandemia.

En todo caso, Vázquez Mao sinala que esta proposta non só é compatible coa de derivar pacientes dunha rexión á outra, chegado o caso senón que supón un "pulmón auxiliar" para os recursos e persoal sanitario, tanto portugueses como galegos, ante a evolución que está a experimentar a pandemia e a ocupación de camas sanitarias.

Abunda en que estes barcos poden estar operativos nunha semana, fronte á construción ou habilitación de calquera hospital auxiliar temporal, coa vantaxe engadida de que o barco xa conta con persoal sanitario militar sen tensionar ao da rede hospitalaria de ambos os países.

Comentarios