Eixo Atlántico aposta por investir 3.000 millóns para completar o mapa ferroviario galego

Lara Méndez considera "moi asumible" o investimento para un proxecto "lóxico, xusto e tremendamente necesario"

Xoán Vázquez Mao, Xosé Sánchez Bugallo, Lara Méndez y Agustín Hernández en la rueda de prensa celebrada este martes en Santiago. AGN
photo_camera Xoán Vázquez Mao, Xosé Sánchez Bugallo, Lara Méndez e Agustín Hernández na rolda de prensa celebrada este martes en Santiago. AGN

Nunha rolda de prensa este martes en Santiago de Compostela, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, presentou a súa aposta por un investimento de 3.000 millóns de euros para completar o mapa ferroviario galego, con especial atención ao corredor atlántico de mercancías. Estivo acompañado dos alcaldes de Santiago e Lugo, Xosé Sánchez Bugallo e Lara Méndez, así como o presidente do Consello Económico e Social (CES), Agustín Hernández. 

Neste contexto, algúns dos principais investimentos que se demandan son: a saída sur de Vigo; a modernización das liñas A Coruña-Ferrol, A Coruña-Lugo e Lugo-Ourense; así como potenciar o corredor atlántico de mercancías

Vázquez Mao explica que a metade do investimento necesario, uns 1.500 millóns, pode provir de fondos da UE, polo que sería necesario un apoio do Goberno duns 150 millóns ao ano durante unha década para completar o financiamento. "Estamos a falar de algo que se se quere pódese", sostén, pois só fai falta vontade política". Esta cifra non ten en conta o IVE nin as expropiacións. 

A proposta do Eixo Atlántico pon o foco no corredor atlántico de mercancías

Así, destaca que este é un "proxecto global de país" que se debe defender de forma "conxunta" e cunha "única voz". "Necesitamos unidade de acción", deixa claro. 

Este informe foi elaborado por Miguel Rodríguez Bugarín, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade da Coruña, o "principal especialista" en materia ferroviaria en Galicia, en palabras do alcalde de Santiago. O principal investimento pasa pola modernización da liña Ourense-Lugo (891 millóns), seguida da liña A Coruña-Ferrol (730 millóns).

BÚSQUEDA DE APOIOS DE ADMINISTRACIÓNS. Tras un encontro este martes con sindicatos, esta entidade sen ánimo de lucro que apoia as iniciativas que fomentan a cooperación transfronteiriza levará a súa proposta á Xunta, Ministerio de Transportes e Adif, á vez que fai o propio cos homólogos portugueses. Igualmente, buscará facer partícipes a grupos parlamentarios e sociedade civil en busca da "unidade". 

Neste sentido, Vázquez Mao resaltou que a "prioridade" é o emprego a través da "competitividade" de Galicia, nunha proposta que defende a "cohesión territorial" sen entrar nunha competencia cos investimentos no Levante. "Xogámonos o futuro do país nun momento clave", asevera. 

Lara Méndez opina que este encontro pode ser un "punto de inflexión", dado que ve "prioritario falar cunha voz única" e marcar unha "folla de ruta"

Nesta liña, Lara Méndez opina que este encontro pode ser un "punto de inflexión", dado que ve "prioritario falar cunha voz única" e marcar unha "folla de ruta" acerca dun documento aberto a achegas. A rexedora de Lugo considera "moi asumible" un investimento de 150 millóns anuais para un proxecto "lóxico, xusto e tremendamente necesario". 

Así mesmo, Xosé Sánchez Bugallo remarca que o investimento para completar o mapa ferroviario suporía unha "terceira parte do que custou traer a alta velocidade a Galicia". Iso si, o rexedor de Santiago opina que é necesario "enumerar en orde" que investimentos afrontar antes e cales despois. Aquí, subliña que é "absolutamente vital" a aposta polo transporte de mercancías co corredor aprobado pola UE entre Vigo-Ourense-Monforte. 

Un dos puntos sobre os que se chama a atención é a necesidade de que o Goberno mellore o Eixo Atlántico ferroviario a partir de 2023 coa conexión con Ferrol-A Coruña e A Coruña-Lugo.

MENOS DO 5% DAS MERCANCÍAS MÓVENSE POR FERROCARRIL. Pola súa banda, o presidente do CES, Agustín Hernández, chamou a atención acerca de que a media de mercancías por estrada atópase no 75% na UE, pero esa cifra elévase ata o 95,1% no caso de España. Por iso, "menos do 5%" das mercancías móvense no país por ferrocarril, unhas cifras só peores en países como Chipre ou Malta. 

Deste xeito, apela a axuntar "esforzos" para concienciar sobre a importancia a medio-longo "prazo" do transporte de mercancías por ferrocarril. Valora que a proposta do Eixo Atlántico é "importantísima para a articulación do territorio" e a "competitividade" de Galicia, de modo que "non pode aprazarse por un minuto máis". 

Comentarios