sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

Educación inicia a entrega de 1.000 portátiles con internet para alumnos con poucos recursos

Unha estudante cun ordenador portátil. PIXABAY
Unha estudante cun ordenador portátil. PIXABAY
A repartición do material realizarase segundo a situación económica das familias, priorizando aos alumnos que estean a cursar o final de etapa na que titulen

O Goberno galego reparte a partir deste xoves un milleiro de portátiles con conexión a internet entre familias e alumnos con menos recursos e que se atopen cursando secundaria, bacharelato ou formación profesional.

Trátase dunha das medidas impulsadas para tentar paliar a fenda dixital presente entre o alumnado de diferente capacidade económica e da influencia da dispersión xeográfica.

A través da colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange, as familias recibirán equipos en préstamo e conectividade para facilitar o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma decretado pola alerta sanitaria.

Os materiais entregaranse a través dos centros. Cada un recibirá tres equipos que distribuirá entre as familias segundo a súa situación económica, priorizando aos estudantes que estean a cursar o final de etapa na que titulen (4º de ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a quen non dispoñan de medios nos seus fogares.

Doutra banda, o Ministerio de Educación remitirá 928 unidades de liñas de datos de alta capacidade para estudantes de bacharelato e de FP medio e superior en Galicia, a través dunha colaboración con Telefónica.

A Consellería de Educación tamén puxo ao dispor dos docentes, esta semana, unha plataforma de videoconferencia, que xa permitiu máis de 20.000 comunicacións entre 58.000 profesores e alumnos.

Desde o pasado luns, os provedores de contidos de E-Dixgal ( aulaPlaneta, Edebé, Netex e Pearson) permiten o acceso aos centros que non están integrados na iniciativa, unha medida que podería chegar a preto de 95.000 mozos.

Educación inicia a entrega de 1.000 portátiles con internet para...
comentarios