Dous traballadores feridos en Ourense e Vigo

Un traballador resultou ferido este venres de madrugada ao precipitarse desde un edificio en construción, aproximadamente dunha altura de tres metros. O suceso ocorreu no municipio ourensán da Mezquita.

O home, de 35 anos, traballaba nas obras do hotel Spa Villavieja. Foi trasladado ao hospital de Verín cun forte traumatismo nas costas.

Outro ferido grave
Por outra banda, un obreiro de 33 anos sufriu un accidente laboral este mediodía nas obras da Autovía do Barbanza, cando pintaba a estrada.

O suceso produciuse cando o traballador, veciño de Vigo, se achaba na parte traseira dun vehículo especial e leouse coa corda que utilizaba para marcar o trazado da calzada. A consecuencia diso, caeu do vehículo en marcha e levou un forte golpe na cabeza.

O traballador pertencía á empresa Api Mobilidade encargada da sinalización desta autovía.

Comentarios