Doce biotecnolóxicas, implicadas en plans para investir 11 millóns de euros

Os proxectos inclúen o desenvolvemento de terapias de diagnóstico oncolóxico, investigación para descubrir fármacos contra o cancro de colon, creación de alimentos funcionais ou xestión de algas

Carme Pampín, presidenta de Bioga
photo_camera Carme Pampín, presidenta de Bioga

Doce firmas biotecnológicas participan en once proxectos que prevén un investimento en Galicia de 11 millóns de euros ata 2020, informou este xoves a asociación empresarial Bioga.

Os proxectos inclúen o desenvolvemento de terapias de diagnóstico oncolóxico, investigación para descubrir fármacos contra o cancro de colon, creación de alimentos funcionais ou xestión de algas, segundo Bioga, que indica que esas empresas recibiron apoio da Xunta e financiamento de fondos Feder da Unión Europea.

En base a iso, as empresas recibirán subvencións próximas a 6 millóns de euros, algo máis do 50 % do investimento previsto, sinala Bioga nun comunicado.

Cinco dos once proxectos están liderados polas compañías AMSlab (dous proxectos), Ecocelta Galicia (dous proxectos), Syspro Enxeñería (dous proxectos), GalChimia, Health In Code, Hifas da Terra, Indrops, Nanogap, Nanoimmunotech, Nasasbiotech, Oncostellae e Sunrock Biopharma, todas elas socias de Bioga, o clúster empresarial das biotecnológicas galegas.

Comentarios