As discotecas e salas de festas esixen que se lles permita volver abrir na fase 3

Fachada de la discoteca La Suegra,situada en el distrito madrileño de Carabanchel. VÍCTOR LERENA (EFE)
photo_camera Fachada dunha discoteca. VÍCTOR LERENA (EFE)

A Federación Galega de Empresarios de Salas de Festa e Discotecas, cuxo presidente é o cangués Samuel Pousada, esixiu ao Goberno que rectifique a súa resolución do pasado sábado na que prohibe a apertura destes locais de lecer na fase 3, "o que xerou un profundo malestar entre os nosos asociados e unha clara situación de incerteza".

"As discotecas e salas de festa, unha vez máis son discriminadas en relación con outros tipos de establecementos de hostalería", reprocha.

O empresario subliña que o peor non é non abrir na fase 3, senón a incerteza de non saber que vai pasar despois co lecer nocturno. "O que pasará na nova normalidade é un misterio, que solucionarán como ata agora a base de improvisación e ordenes ministeriais", agrega Pousada, para incidir en que "o impacto económico será brutal" e deixar varios interrogantes no aire: ¿Permitirase a apertura dos establecementos a partir da fase 3?, ¿con que aforamento se permitirá abrir?, ¿serán razoables as medidas sanitarias ou serán disparatadas, absurdas e inviables de aplicar?, ¿as medidas sanitarias axudarán aos establecementos ou xerarán un rexeitamento dos clientes?

Comentarios