Dimite o coordinador provincial de Ourense de Ciudadanos

A deputada provincial da formación laranxa tamén deixou o partido recentemente
Manuel Ribao. TWITTER
photo_camera Manuel Ribao. TWITTER

Manuel Riabo Arias, ata agora coordinador provincial de Ourense de Ciudadanos (Cs) presentou a súa dimisión este xoves. Este paso coincide na mesma xornada na que saíu do partido Montserrat Lamba, a que era única representante da formación laranxa na Deputación de Ourense.

Segundo puido saber Europa Press, para renunciar ao seu posto, Ribao presentou un escrito no que explica que a súa decisión responde a razóns "de índole persoal e incompatibles co xeito de actuar do partido nos últimos días".

Ribao finaliza o seu escrito agradecendo "as oportunidades" que o partido lle brindou no seu momento.

PASO DE MONTSERRAT LAMBA

Montserrat Lamba, tamén concelleira en Xinzo, anunciou en rolda de prensa horas antes que se pasaba ao grupo de non adscritos nas dúas institucións nas que ten unha acta, e avanzou que tratará de dar "estabilidade" ao goberno da Deputación, que dirixe Manuel Baltar (PP).

Precisamente Lama entrou en Cs no seu día procedente do PP. Este xoves, con todo, mostrouse moi crítica coa organización, logo das negociacións que tiveron lugar nos últimos días con ofertas de cargos, tanto por parte do PP como do PSOE, que fixo movementos para promover unha moción de censura contra Baltar. 

Comentarios