Un mozo devolve unha alxibeira con 1.500 euros que atopou na rúa

A alxibeira pertencía a un home de 48 anos e o diñeiro corresponde á súa nómina de xullo
Dinero. PIXABAY
photo_camera Diñeiro. PIXABAY
 Un mozo vigués de 26 anos devolveu ao seu lexítimo propietario unha alxibeira que atopou na rúa e que contiña 1.500 euros en metálico. 

Segundo informou este martes a Policía Local, os feitos rexistráronse sobre as 22:50 do luns na rúa Bueu, onde M.Z.E. achou a alxibeira , en cuxo interior, ademais do diñeiro, había unhas chaves e a documentación do seu presunto dono. 

O mozo telefonou Central de Información e Mando da Policía Local para dar conta do seu achado e unha patrulla desprazouse ao lugar no que se atopaba. 

De camiño, os axentes atopáronse cun home de 48 anos que lles comunicou que acababa de perder unha alxibeira en cuxo interior levaba o diñeiro da súa nómina de xullo

Os axentes acompañaron ao dono do diñeiro ata o lugar onde se atopaba o mozo, quen devolveu a alxibeira e os 1.500 euros ao seu dono. 

Comentarios