viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Deteñen un veciño de Pontecaldelas por tráfico de estupefacientes no pub que rexentaba en Cangas

Axentes da Garda Civil de Cangas detiveron a MA.P.D, de 33 anos de idade, veciño de Pontecaldelas e rexente dun pub cangués, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, tenencia e venda de estupefacientes.

No marco das actuacións que a Garda Civil está a realizar para erradicar o tráfico comerciante polo miúdo e consumo de drogas en lugares públicos e de lecer, incautáronse no local 50 gramos de MMDA (droga sintética), 12 gramos de haxix e 7 de cocaína, así como unha báscula de precisión.

O detido foi trasladado ás dependencias oficiais da Garda Civil onde se instruíron as correspondentes dilixencias que foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda dos de Cangas.

O rexente do pub, ao que lle constan antecedentes policiais, quedou en liberdade á espera de ser requirido para a celebración do xuízo.

Deteñen un veciño de Pontecaldelas por tráfico de estupefacientes...
comentarios