Detido en Vigo un sesaxenario que fuxía tras intentar atracar unha farmacia

Utilizara unha navalla para ameazar á dependenta
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Comisaría de Vigo. ARQUIVO

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home de 61 anos de idade, sen domicilio coñecido, como presunto autor dun intento de atraco nunha farmacia.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar a tarde do maeets, cando o 091 recibiu un aviso por un intento de atraco nunha farmacia. Unha patrulla que se atopaba cerca dirixiuse á zona e, polo camiño, foi requirida por un home que lles facía acenos.

Esta persoa indicou aos axentes que estaba a seguir a un individuo que acababa de intentar cometer un atraco e fixo indicacións aos policías para que puidesen interceptalo. Finalmente, os funcionarios localizaron ao sospeitoso, e ao cachealo descubriron que levaba unha navalla oculta entre as súas roupas.

Segundo relatou unha empregada da botica, estaba a atender a zona de público cando un home se lle achegou ameazándoa cunha navalla, mentres lle esixía que lle entregase todo o diñeiro. ela tratou de explicarlle que non podía abrir a caixa polo sistema que ten.

Nese momento, un compañeiro de traballo que se atopaba no almacén achegouse e o atracador fuxiu do lugar á carreira, perseguido por ese empregado.

O sospeitoso foi detido e trasladado a dependencias policiais, onde se comprobou que lle constan 19 antecedentes, varios deles por roubo con intimidación. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de garda.

Comentarios