Detido na Pobra do Caramiñal con 16 landras de haxix e 12 bolsas con cocaína 

Investigado un menor sorprendido cunha bolsa con 93 gramos de marihuana nas inmediacións dun centro educativo de Fene

Sustancias intervenidas al detenido en A Pobra do Caramiñal. GUARDIA CIVIL
photo_camera Sustancias intervidas ao detido na Pobra do Caramiñal. GARDA CIVIL

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño da Pobra do Caramiñal na localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras ser sorprendido con 16 landras de haxix e 12 bolsas que supostamente contiñan cocaína. Atendendo á información divulgada este venres polo instituto armado, o detido é "un vello coñecido das forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole". 

A Garda Civil relata que o individuo "fixo ademán de fuxir" ao percartarse da presenza dos axentes, que, tras identificalo e darse conta do "inconexas" que eran as súas explicacións, procederon a cachealo. Deste xeito, descubriron que o detido levaba consigo 16 landras de haxix que arroxaron un peso de 94 gramos. Ademais, portaba 12 bolsiñas que contiñan "un po branco, supostamente cocaína" e que arroxaron un peso de 0,8 gramos

O arrestado foi posto a disposición do xulgado de instrución de garda de Ribeira como presunto autor dun delito contra a saúde pública.

OUTRO INVESTIGADO EN FENE. A Garda Civil tamén informou este venres doutro caso, polo que en Fene investigouse un menor de idade como presunto autor doutro delito contra a saúde pública tras ser sorprendido cunha bolsa que contiña 93 gramos de marihuana

O home foi visto nas inmediacións dun centro escolar, onde unha patrulla da Benemérita realizaba tarefas de vixilancia. O mozo iniciou a súa fuxida ante os axentes, que recolleron unha bolsa de cor malva que arroxou ao chan. Ésta contiña 93 gramos de marihuana. Ademais, o mozo levaba consigo unha báscula de precisión.