jueves. 04.06.2020 |
El tiempo
jueves. 04.06.2020
El tiempo

Detido un veciño da Coruña que portaba 50 quilos de haxix

O home transportaba a droga desde Madrid nun coche

A Garda Civil anunciou ste mércores a detención dun veciño da Coruña como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, ao que interceptaron intentando entrar na cidade con 49,2 quilos de haxix no dobre fondo do seu vehículo, co que transportaba esta sustancia desde Madrid.

O sospeitoso foi detido no marco da bautizada como operación Canbarca como presunto traballador dunha organización delituosa que se dedicaba a transportar grandes cantidades de haxix desde Madrid á provincia da Coruña, utilizando sempre vehículos con caletas ocultas e mecanizadas para ocultar a mercancía.

A detención foi realizada polo Equipo da Policía Xudicial de Cambre, en colaboración coas Áreas de Investigación dos Postos de Principais de Cambre, Culleredo e Arteixo.

O detido foi interceptado cando intentaba entrar na Coruña co seu vehículo, no interior do cal puideron achar, ocultas en dobre fondo, 2.385 porcións de haxix envolvido en celofan en forma de landras —29,8 quilos— e 194 porcións da mesma sustancia prensada envolvida en forma de ferros, cun peso de 19,4 quilos. 

Detido un veciño da Coruña que portaba 50 quilos de haxix
comentarios