sábado. 28.05.2022 |
El tiempo
sábado. 28.05.2022
El tiempo

Detido un veciño da Coruña con máis de 100 gramos de haxix

Material incautado. GUARDIA CIVIL
Material incautado. GUARDIA CIVIL
Impútaselle un delito contra a saúde pública

A Garda Civil do Posto Principal de Culleredo detivo a un veciño da Coruña tras localizar na súa bandoleira 119,4 gramos de haxix, unha pastilla de MDMA e unha báscula de precisión, informa o Instituto Armado.

Os feitos, relata a mesma fonte, sucederon cando unha patrulla da mencionada unidade que se atopaba realizando un servizo preventivo de seguridade cidadá na estrada AC-211 observou un vehículo accedendo a unha rotonda desa vía “cunha velocidade excesiva”.

Os axentes procederon a interceptar o vehículo para coñecer o motivo do exceso de velocidade, momento en que o condutor abriu o portelo e os efectivos detectaron "un forte cheiro a haxix"que emanaba do interior do turismo.

Entón, realizaron un rexistro superficial dos ocupantes e do vehículo, localizando oculta baixo unha chaqueta unha bandoleira en cuxo interior acharon unha tableta dunha sustancia resinosa de cor marrón -supostamente haxix-, a cal arroxou un peso de 86,4 gramos; cinco porcións da mesma sustancia cun peso individual de 6,6 gramos; unha pastilla de MDMA e unha báscula de precisión.

A Garda Civil procedeu á detención do propietario da bandoleira como suposto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos atopados.

O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda da Coruña. 

Detido un veciño da Coruña con máis de 100 gramos de haxix