Detido un sesaxenario no Porriño por agredir á súa muller 

A vítima será asesorada polo servizo xurídico do Centro de Información á Muller da localidade

Manifestación contra la violencia de género. EFE
photo_camera Manifestación contra a violencia de xénero. EFE

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron a un home de 60 anos de idade, J.A.S.V., como presunto autor dun delito de violencia de xénero. 

Segundo informaron fontes municipais porriñesas, os feitos tiveron lugar na tarde noite deste luns, cando a vítima se achegou á xefatura da Policía Local para denunciar que acababa de ser agredida pola súa parella, e mostraba "claros hematomas". 

A Policía activou de inmediato o protocolo previsto para casos de violencia machista, e trasladou á vítima ao momento de Atención Continuada do Centro de Saúde do Porriño. 

Así mesmo, tramitaron a presentación de denuncia contra o suposto agresor, e acompañaron "en todo momento" á muller, ata a detención do seu marido, que foi posto a disposición do xulgado de instrución número 3 do Porriño. 

Por outra banda, a Policía Local tamén deu aviso ao servizo xurídico do Centro de Información á Muller do Porriño, para que asesorase á vítima.