Detido no Porriño por circular drogado, sen carné, sen luces e con máis de 50 doses de cocaína

Sobre o home, que deu positivo nas cinco sustancias analizadas no test de drogas, pesaba unha orde de detención no Xulgado de Tui
Material incautado en la detención del hombre. GUARDIA CIVIL DE PONTEVEDRA
photo_camera Material incautado na detención do home. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

A Garda Civil detivo a un veciño do Porriño por un delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, ao ser interceptado nun control de estrada con algo máis de medio centenar de doses de cocaína e outras sustancias psicoactivas que evidenciaban a súa posible dedicación ao tráfico de drogas a pequena escala.

A detención produciuse durante a madrugada do pasado sábado, día 14, no transcurso dun control de alcolemia e drogas que estaba a realizar unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño no punto quilométrico 157,00, da estrada N-550.

Este veciño do Porriño, de 47 anos, conducía un Audi A-4, que foi interceptado no control, ás 4:50 horas da madrugada, cando circulaba sen facer uso da iluminación regulamentaria. Ao proceder á súa identificación e, a pesar de que inicialmente facilitou unha identidade falsa, púidose comprobar que tiña retirado o permiso de condución por perda de puntos e que ademais tiña vixente unha orde xudicial de procura, detención e personación no Xulgado de Tui. 

Todas estas circunstancias deron lugar a que se lle realizase o test de drogas que deu resultado indiciario positivo nas cinco sustancias analizadas.

Seguidamente e co apoio dunha patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal da Garda Civil do Porriño realizouse un minucioso rexistro do vehículo e no seu interior se aprehendieron algo máis de medio centenar de doses de cocaína, 70,14 gramos de haxix, sustancia de corte distribuída en varios envoltorios de plástico, 22 pastillas de metadona, anotacións contables, 350 euros en efectivo e diversos obxectos que puidesen estar relacionados con delitos contra o patrimonio.

As actuacións levadas a cabo concluíron coa detención deste veciño do Porriño como suposto autor dun delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas, e con seguridade viaria. As dilixencias e os efectos intervidos foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda do Porriño, que decretou a súa liberdade con cargos.