Detido un home de 42 anos en Moaña por traficar con cocaína e haxix

Quedou en liberdade con cargos coa obrigación de comparecer quincenalmente no xulgado

A Garda Civil detivo en Moaña a un home acusado de vender droga nun bar do municipio e en cuxo domicilio foron intervidas diversas cantidades de cocaína, haxix e marihuana, sustancias de corte, básculas, preto de 3.000 euros en metálico e unha pistola detonadora. Foi a nbsp;principios&do pasado xaneiro cando efectivos do instituto armado tiveron indicios sobre a venda de drogas nun bar situado nunha céntrica rúa da localidade.

Os axentes constataron un inusitado movemento de clientes que chegaban e marchábanse rapidamente sen aparente consumición, logo de contactar coa mesma persoa. A operación concluíu coa detención deste individuo tras ser interceptado conducindo o seu coche polo centro urbano de Moaña. No interior dos vehículos comisaron 30 doses de cocaína, unha pequena cantidade de haxix e 70 euros en metálico.

No posterior rexistro do seu domicilio incautáronse outros 50 gramos de haxix, pequenas cantidades de marihuana e sustancias para cortar e adulterar cocaína, ademais de tres básculas de precisión, numerosos recortes de bolsas plásticas para envolver as doses e unha pistola detonadora e uns 3.000 euros en efectivo, Tras pasar a disposición xudicial, o detido, identificado coas iniciais J.P.P, de 42 anos, quedou en liberdade provisional con cargos, coa obrigación de comparecer quincenalmente no xulgado.

Comentarios