A Garda Civil de Pontedeume detivo a un veciño de Lugo como presunto autor dun delito de estafa bancaria.
A investigación arrincou a raíz dunha denuncia interposta polo responsable dun local comercial do municipio coruñés, na cal manifestaba que entre os días 16 de febreiro e 10 de marzo deste ano lle realizaron cargos indebidos na súa conta por un total de 13.296,47 euros.
Tras as pescudas, os axentes identificaron ao presunto autor e recuperaron 7.099,37 euros.
O arrestado foi posto a disposición do xulgado de garda de Betanzos.