Detido un home en Vigo por golpear á súa muller

Foron os médicos os que deron a voz de alarma á Policía Local

A Policía Local de Vigo detivo a un home (MA.A.E.) na noite deste sábado por supostamente agredir á súa muller, que se atopaba hospitalizada.

Segundo informan fontes do Concello olívico, unha patrulla acudiu sobre as 21.50 horas ao centro hospitalario, onde a muller puxo a denuncia e relatou como a súa parella lle quitou ao seu fillo.

Posteriormente, a Policía Local localizou ao individuo na rúa Florida, onde foi detido para despois pasar a disposición xudicial.