Un condutor de 45 anos e veciño de Carballo (A Coruña) foi interceptado circulando a 157 quilómetros por hora nun tramo de estrada limitado a 50, cun paso de peóns próximo a vivendas e onde se rexistra un alto número de accidentes, informa esta tarde a Garda Civil.
Nun comunicado, Tráfico detalla que a infracción foi cometida no quilómetro 3,100 da estrada DP-1914, entre Carballo e Portomouro.
O detido, con antecedentes por feitos similares, reside actualmente noutra comunidade e será investigado pola presunta comisión dun delito contra a seguridade viaria ao superar a velocidade permitida nun 214 %.
O xulgado de garda de Carballo celebrará proximamente un xuízo rápido sobre estes feitos, cuxa condena carrexa unha pena de prisión de tres a seis meses.