O condutor que fuxiu tras un atropelo en Santiago quedou en liberdade tras ir a comisaría

O ferido evoluciona favorablemente tras ingresar no hospital en estado grave
Un coche de la Policía Nacional.EP
photo_camera Un vehículo da Policía Nacional. ARQUIVO

O condutor que fuxiu tras atropelar un mozo en Santiago de Compostela na madrugada do pasado domingo quedou en liberdade logo de ser detido ao acudir a comisaría. Segundo informou este luns a Policía Local, o condutor foi arrestado ás 13.00 horas do domingo. 

O accidente rexistrouse sobre as 4.20 horas da mañá nunha céntrica rúa da capital galega, cando centos de mozos saían dunha discoteca do Ensanche compostelán. 

O peón ferido, de 19 anos, foi trasladado ao servizo de Urxencias do Hospital Clínico en estado grave. Fontes sanitarias indicaron que "evoluciona favorablemente" en planta.

Ao parecer, o vehículo que o atropelou empezara a realizar "unhas manobras estrañas" polo centro da cidade, o que motivou que unha patrulla da Policía Nacional comezase a perseguilo para identificar o condutor. Cando se produciu o accidente os axentes abandonaron a persecución e procederon a atender o ferido.

O coche conseguiu fuxir, pero, xa pola mañá, o presunto responsable dos feitos presentouse na comisaría