Un detido na Coruña por intercambiar pornografía de nenas pequenas

A Policía arrestou en total a oito persoas
Operación contra la pornografía infantil. AEP
photo_camera Operación contra a pornografía infantil. AEP

A Policía detivo en Sevilla un estudante de 28 anos que actuaba como líder doutros pedófilos estranxeiros en foros de intercambio de pornografía infantil, no marco dunha operación na que foron detidas sete persoas máis, entre elas un home da Coruña.

Segundo precisa a TVG, o arrestado na cidade herculina é un técnico electrónico, de 48 anos, que intercambiaba pornografía infantil de nenas moi pequenas. Os axentes da Policía Nacional atoparon no rexistro do seu domicilio varios dispositivos ocultos con arquivos pedófilos.

O arrestado en Sevilla tiña numerosos contactos en redes sociais, almacenaba gran cantidade de material pornográfico de menores e era administrador de grupos de pedófilos moi pechados. Para entrar neles, esixía condicións extremas, como enviar imaxes de incestos reais.

Ademais deste mozo, foron detidas outras sete persoas máis en Barcelona (2), A Coruña (1), Comunidade Valenciana (2) e Madrid (2). Asímismo, un menor foi posto baixo protección, xa que o material sexual que compartía era protagonizado por el mesmo.

Un dos detidos en Madrid descargaba a pornografía infantil e exhibíaa publicamente nunha coñecida rede social para gañar máis "likes".