Detido na Coruña por unha agresión sexual na Rolda de Outeiro

O arresto produciuse durante a madrugada do sábado ao domingo

Ronda de Outeiro, en la zona de O Ventorrillo. GOOGLE MAPS
photo_camera Rolda de Outeiro, na zona do Ventorrillo. GOOGLE MAPS

Un home foi detido na Coruña como suposto autor dun delito de agresión sexual, informaron a Efe fontes policiais.

A detención produciuse durante a madrugada do sábado ao domingo na rolda de Outeiro, á altura do barrio do Ventorrillo. O home detido pasará a disposición xudicial, previsiblemente, ao longo da xornada de mañá, agregan as mesmas fontes.