Detida unha moza por agredir e cuspir a un policía tras unha liorta ante unha discoteca de Vigo

A arrestada ten 23 anos

Policía Local de Vigo. DP
photo_camera Policía Local de Vigo. DP

Unha liorta entre mozas na madrugada do domingo terminou cunha arrestada e un axente da Policía Local cun dedo lesionado. Os feitos tiveron lugar sobre as 6.45 horas da madrugada ás portas dunha discoteca da rúa Pontevedra de Vigo.

A detida, que é acusada de agredir e cuspir a un axente, foi identificada como R.A.C, de 23 anos, natural de Zamora pero residente na cidade olívica.