Detida unha muller en Cambre por roubar en casa dun dependente á que coidaba

A veciña subtraeu mobles, aveños, xoias e diñeiro da vivenda
Guardia Civil. AEP
photo_camera Garda Civil. AEP

O Área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Cambre (A Coruña) detivo a unha veciña desta localidade como presunta autora dun delito de furto por subtraer mobles, aveños, xoias e diñeiro da vivenda dun dependente á que coidaba. 

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta por un familiar da vítima, ao ser esta dependente e atopase actualmente ingresada nunha residencia. 

Nela comunicou que foran subtraídos da vivenda desta persoa "gran cantidade de mobles, aveños, xoias e diñeiro en metálico", indicou a Benemérita, e a denunciante sospeitaba que posiblemente a autoría correspondese á persoa que realizaba os labores do fogar e o coidado e aseo da vítima. 

Por iso, a Garda Civil iniciou unha investigación para constatar a veracidade dos feitos, no transcurso da cal oubtuvo evidencias que relacionaban á detida co delito. Así, pescudaron os axentes que a presunta autora aproveitou que dispuña das chaves do domicilio polo seu traballo para a subtracción dos efectos denunciados. 

A Garda Civil procedeu, xa que logo, á detención desta muller como presunta autora dun delito de furto. Foi posta, xunto coas actuacións realizadas, a disposición do xulgado de Instrución de garda da Coruña. 

Comentarios