Detidos catro presuntos autores de incendios forestais

Axentes da Policía autonómica galega detiveron catro persoas como presuntos autores de senllos incendios forestais nos municipios de Val do Dubra, Sanxenxo, O Carballiño e Ares, co que se elevan a 118 as detencións por esta causa en Galicia.

No primeiro caso, trátase dun incendio ocorrido o pasado día 11 na parroquia de Arabexo, que afectou a 2.000 metros cadrados de monte arboledo e 4.000 de raso, como consecuencia dunha queima que non contaba con autorización e na que non se tomaron as medidas básicas de seguridade.

En Sanxenxo, os axentes atribúen ao detido un incendio na parroquia de Padriñán, no que arderon 2.000 metros de superficie arboredo, que non se estendeu pola rápida intervención dos servizos antiincendios.

Tamén foi un home o detido polo incendio de Boborás, onde arderon 7.000 metros cadrados de superficie rasa o día 11 de decembro, como no caso de Ares, onde tamén a causa foi unha queima ilegal que devastó 300 metros cadrados de monte raso.

Con estas catro detencións, son xa 118 as persoas detidas pola Policía autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

Comentarios