Detido tras roubar en tres casas e encaixar o seu coche

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz, de 24 anos de idade, como suposto autor de tres delitos de roubo con forza no interior de dúas vivendas e dunha inmobiliaria, logo de sorprendelo dentro dunha das casas tras encaixar o seu coche contra o muro da mesma.

Segundo informou o instituto armado nun comunicado, a detención produciuse o pasado 13 de novembro, cando a Garda Civil recibiu aviso de que estaba a soar a alarma dunha vivenda na localidade de Foz (Lugo).

Cando a patrulla se presentou no lugar dos feitos, comprobou que o suposto ladrón xa non estaba dentro da casa cuxa alarma o delatara, senón no interior dunha vivenda "limítrofe" deixando atrás o coche que conducía encaixado contra o muro da mesma.

No momento da súa detención, o sospeitoso portaba unha pata de cabra, tres xogos de chaves e unha lanterna.

Os axentes encargados do caso iniciaron unha investigación para determinar a procedencia das chaves e comprobaron que foran botadas en falta noutro roubo con forza perpetrado o pasado 8 de novembro nunha inmobiliaria da mesma localidade da Mariña lucense.

O mozo detido xa foi posto a disposición xudicial

Comentarios