Detido en Vigo por circular sen permiso de conducir

A Policía Local de Vigo detivo un home de 22 anos, natural de Marrocos e con domicilio en Asturias, por circular co seu vehículo sen obter o permiso de conducir.

Fontes policiais informaron de que os feitos tiveron lugar ás 18.15 horas do pasado día 15, cando axentes do servizo de praias que se atopaban realizando unha patrulla a pé no aparcadoiro de Samil observaron un Volkswagen Golf estacionado en lugar prohibido.

Ao darse conta da presenza policial, o condutor arrincou o vehículo e moveuno para outra zona do mesmo aparcadoiro, permanecendo no interior ata que lle foi solicitada a documentación persoal e a do automóbil.

O home presentou un certificado do Goberno Vasco relativo á perda de documentación do permiso de conducir marroquí do 2010.

Unha vez consultadas as bases de datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) comprobouse que nunca obtivera o español, polo que foi detido por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Comentarios