Detido en Ferrol por roubar 20.000 euros da caixa forte dunha panadería

A Garda Civil detivo un home de 33 anos como presunto autor do roubo de 20.000 euros do interior de dúas caixas fortes dunha panadería do municipio de Ares, informaron hoxe fontes do Instituto Armado.

O presunto ladrón, veciño de Ares de 33 anos, foi arrestado por axentes do posto da Garda Civil de Mugardos, que abriron a investigación a partir da denuncia dos propietarios.

O roubo produciuse a tarde do luns.

Sospeitan que o home rompeu a lúa do escaparate do despacho de pan para asaltar as caixas de caudais que estaban na oficina.

Coas pistas e indicios recolleitos, a Garda Civil identificou e imputou este aresano, que hoxe pasará a disposición do xulgado de garda de Ferrol.

A investigación non concluíu aínda xa que os gardas tratan de localizar os 20.000 euros roubados.

Comentarios