Detido o sospeitoso de acoitelar o director dunha sucursal bancaria

A Garda Civil detivo hoxe a un home ao que relaciona coa agresión con arma branca que sufriu o director dunha oficina do Banco Santander en Baiona o pasado 18 de decembro, informaron fontes do instituto armado.

Os feitos producíronse á primeira hora cando un home co rostro cuberto entrou na sucursal e foi directamente ao despacho do director,  ao que produciu varias feridas en brazos e mans polas que foi evacuado a un hospital de Vigo.

Desde un principio, a investigación practicamente descartou a hipótese dun atraco, xa que o presunto agresor dirixiuse directamente a por o director da oficina.

Comentarios