Detidas dúas persoas pola morte do cura de Vilanova dos Infantes

A operación Devotio segue aberta. Os arrestados son dous cidadáns croatas aos que se lles atribúe a morte de Adolfo Enríquez en marzo de 2015, que coincidiu coa desaparición da valiosa Virxe do Cristal
Funeral por el párroco de Vilanova dos Infantes.
photo_camera Funeral por el párroco de Vilanova dos Infantes.

Dous cidadáns croatas foron detidos pola morte violenta do párroco de Vilanova dos Infantes, ocorrida en marzo de 2015 neste pequeno núcleo do municipio ourensán de Celanova. A operación Devotio, como a bautizou a Policía, segue aberta e sobre ela decretouse o segredo sumarial. 

A morte de Adolfo Enríquez, que fora cura de Vilanova dos Infantes durante máis de catro décadas, conmocionou a toda a comarca hai case un ano. O seu corpo apareceu sen vida apareceu na casa reitoral cun forte golpe na cabeza o 11 de marzo. Entón descubriuse que desaparacera a afamada Virxe do Cristal, unha das tallas marianas máis pequenas do mundo que o párroco de 77 anos se encargaba de custodiar.

No seu día, a Policía Xudicial da Gardia Civil relacionou este crime coa brutal malleira que recibiu meses despois o párroco de Domaio, en Moaña. Aínda que se cría que podía tratarse da mesma banda, finalmente foron detidos tres menores romaneses por este último asalto.

Comentarios