Quedan en liberdade os nove detidos en relación ás protestas okupas

A todos eles investígaselles por un delito contra a orde pública
Protesta del pasado 30 de mayo en Santiago
photo_camera Protesta del pasado 30 de mayo en Santiago

As nove persoas detidas en relación aos feitos ocorridos na primeira manifestación en protesta polo desaloxo e tapiado dun local okupado en Santiago de Compostela quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial na tarde deste martes.

Segundo informaron a Europa Press fontes xudiciais, tras comparecer ante o xuíz na Coruña, as dúas mulleres detidas na cidade herculina quedaron en liberdade investigadas por un delito de atentado contra a autoridade. Agora o caso será asumido polos xulgados de Santiago de Compostela.

Pola súa banda, as sete persoas restantes, os dous detidos en Ourense e os cinco arrestados en Santiago, tamén quedaron en liberdade tras pasar a disposición xudicial no xulgado de instrución número tres da capital galega, que estaba en funcións de garda. A todos eles investígaselles por un delito contra a orde pública.

Fontes policiais explicaron a Europa Press que as detencións están relacionadas coa protesta que tivo lugar o pasado 30 maio, xornada na que, segundo recordaron estas fontes, "varios policías foron lesionados, rexistráronse desordes públicas e houbo danos ao mobiliario urbano.

A operación pola que este martes foron detidas nove persoas continúa aberta e desenvólvese en distintas cidades de Galicia, polo que as autoridades non descartan novas detencións.

Comentarios