domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

Detectan un gromo con sete positivos nunha residencia de Xinzo cuxos usuarios xa están vacinados

Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia. FUNDACIÓN SAN ROSENDO
Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia. FUNDACIÓN SAN ROSENDO
Os casos de covid nos centros para maiores de Galicia descenden a 44, dez deles entre os traballadores

 

Os casos de covid-19 nas residencias galegas seguen a tendencia descendente e redúcense a 44, deles 34 de residentes e 10 de traballadores, a pesar de ser detectado un gromo con sete positivos entre usuarios da Residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia, en Ourense, onde todos os maiores recibiran xa a segunda dose da vacina fronte ao coronavirus.

Nos datos actualizados este mércores polas consellerías de Política Social e Sanidade inclúense estes sete positivos na Residencia Santa Mariña de Xinzo, que entra na lista de centros con casos de covid –sete en Galicia–.

Fontes da Consellería de Política Social explicaron a Europa Press que se investiga a orixe deste gromonunha residencia na que todos os maiores xa recibiran a segunda dose da vacina contra o covid-19.

Con todo, os casos entre usuarios de residencias de maiores redúcense nun ao haber seis altas por negativizar en Mi Casa Ferrol e unha no Casón de Moeche, así como un falecemento.

Deste xeito, a DomusVi Laraxe de Cabanas sitúase con 13 casos entre os seus usuarios; Mi Casa Ferrol conta con oito; Santa Mariña de Xinzo, con sete; Residencia Milagrosa da Coruña, con tres; mentres que cun cada un atópanse os centros DomusVi Carballo, Residencia de Viana do Bolo e Fogar Residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas.

Pola súa banda, os traballadores con coronavirus nestes centros descenden a unha decena ao habar un alta por negativizar na residencia de Laraxe en Cabanas e outra na San José de Arzúa –que queda sen ningún caso entre o persoal–.

Xa que logo, a DomusVi Laraxe en Cabanas baixa a dous casos; mentres que cun atópanse a DomusVi Matogrande, Fogar Residencial de Cerceda, Residencia de Maiores de Caranza, Mi Casa Ferrol, A nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, Servisénior Brión, As Gándaras de Lugo e Nosa Señora do Carme de Sarria.

CENTROS DE DISCAPACIDADE. Pola súa banda, os centros de atención á discapacidade mantéñense sen cambios con catro usuarios con covid; deles dous na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos, un na Aspanaes das Pontes e outro na nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente.

Así mesmo, os traballadores con covid destes centros mantéñense sen cambios cun único caso na Residencia DomusVi Bóveda.

Detectan un gromo con sete positivos nunha residencia de Xinzo...
comentarios