Desarticulada unha banda dedicada a roubar en varias localidades galegas

A Garda Civil detivo a un total de 14 persoas do grupo criminal, das cales dúas son menores de idade
Un agente de la Guardia Civil. AEP
photo_camera Un axente da Garda Civil. ARQUIVO

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense desarticulou un grupo criminal dedicado a cometer roubos con violencia e intimidación e roubos con forza en varias localidades das provincias de Ourense, Zamora, Pontevedra e A Coruña, ocorridos entre os meses de xullo a setembro de 2020. 

Segundo informou o Instituto Armado, o operativo saldouse con 14 detidos, un dos cales tiña unha orde de procura detención e ingreso en prisión ditada por un xulgado de Pontevedra. Ademais, dos 14 detidos dous son menores de idade. 

As mesmas fontes puntualizaron que os tres roubos con violencia foron en Verín consistentes en substraer xoias a tres persoas de idade avanzada tras abordalas na rúa. O valor aproximado do roubado ascende a 80.000 euros. 

O valor aproximado do roubado ascende a 80.000 euros

A operación iniciouse a principios do mes de xullo, tras ter coñecemento dun incremento de roubos na zona de Esgos, logo de realizar varias investigacións o día 25 de setembro realízase a explotación da operación, que dá como resultado a detención de 14 persoas, veciños das localidades de Nogueira de Ramuín, Maceda e Esgos, aos que se lle imputa a comisión de tres roubos con violencia, 21 roubos con forza (oito en vivendas e 13 roubos en establecementos), e un delito de integración a grupo criminal. 

No marco da operación, realizáronse dous rexistros domiciliarios, nos que se incautaron obxectos relacionados cos roubos. A maioría dos efectos subtraídos eran ferramentas e chatarra, que xa foran vendidas en talleres legais de Ourense e norte de Portugal, indicou a Benemérita. 

Os detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, que decretou o ingreso en prisión do xefe do grupo e doutros tres, no Centro Penal de Pereiro de Aguiar (Ourense). 

Comentarios